Thursday 19 de September de 2024

Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia dos Areos


O Concello da Pobra do Caramiñal recomenda a veciñanza e visitantes absterse temporalmente do baño na praia dos Areos con motivo da detección dun novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga. Cómpre indicar que isto é un aviso da situación no areal, pero non significa un peche do mesmo.

Efectuouse a toma de mostras na dita praia por parte da Consellería da Sanidade ao abeiro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025. Consisten en probas rutineiras que se realizan entre os meses de maio e setembro para coñece-la evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea.

A comunicación dos resultados da analítica chegou á Administración local na mañá deste 30 de agosto, polo que se procedeu coa colocación de carteis informativos nas inmediacións dos Areos.

En vindeiras datas repetirase o exame para sabe-los datos que reflicte esta contraanálise.

De existir nova información, comunicaráselle á cidadanía.